Monasterio de Monfero

Monasterio de Monfero
Cúpula do mosteiro de Monfero

Cruzar a túa porta e sentirme pequena, minúscula, tamaño formigha, é todo un. Cando era nena e os meus padriños me levaban onda ti, pensaba que esa sensación desaparecería cando medrara. Pero non pasa. Sighe ighual. Ou máis ghrande ás veces. Porque ahora doénme cousas que antes nin entendía.

Non me acordo da primeira vez que te visitei. Seghuro que foi para ir a alghunha misa, ou cabodano. Pero acórdome desa sensación de sobrecollemento, e da miña cabeciña tratando de imaghinar cómo sería cando os frailes vivían entre os teus muros. Dábame medo pasar polos pasillos neghros que levaban á cociña, pero cando cheghabamos alí, e facendo como que non vía a merda dos restos das comelladas dos cazadores que se celebraban en tan insigne lugar, non era capaz de abrir a boca cando me asomaba pola ventana do vertedeiro e vía os prados e os montes interminables. A miña imaghinación desbordada case podía ver os frailes nunha tarde de inverno, merendando á beira da lareira, quentando eses pés que na miña visión sempre iban con sandalias e sen calcetís.

Tamén me daban medo esas estancias negrhas e cheas de silvas, que había que atravesar para cheghar á fonte no medio do seghundo claustro. Desde elas case se podían oir os berros de eses torturados que miña madriña me decía que se confinaban alí, deitados sobre unha mesa e atados a ela, mentres unha pingha de augha (ou de aceite fervendo, dependendo da culpa do torturado) caía nas súas frentes hasta que toleaban.

Devecía por saír desas salas, á dereita da ighlesia, con esas reixas de madeira, e as paredes e o suelo cheos de verdín. Pero calaba o meu medo de verme dentro dunha antighua cárcel donde se castighaban ós frailes rebeldes, aínda que non fora capaz de imaghinar que pecado tan ghrande tiñan que cometer para acabar alí metidos.

Os sepulcros dos Andrade, no suelo, sempre me deron algho de pena e tamén de respeto. Que pensarían de aqueles cativos que andaban a correr por entre eles, facendo ruído, e ás veces pisando neles. Se foran quen de ergherse, aínda habíamos levar unha labazada.

E esas historias que me conta miña madriña. A dos bois que viñan da canteira de Betanzos, carghados con pedras para levantar as paredes dos claustros, e que sabían o camiño sen que ninghién os ghiase. As festas da Cela que se facían dentro dos claustros, co retumbar dos zocos nos suelos de pedra. As tardes de vrao nas que mentres os maiores botaban a siesta os pequenos viñan desde a Visura para comer os careixós que medraban na parte de arriba dos claustros, xa entonces cheos de silvas. A pía de bautismo que «Doña» Carmen Polo, alias la collares, levou para o Pazo de Meirás. O neno da Virghen da Cela ( esa que apareceu nunha fonte, nun monte «da súa casa») que ela visteu tantas veces cando era nova e que ahora xa non está. O retablo do altar maior que tiña santos que eran ghrandes coma homes e que ahora é unha parede pintada de blanco…

Durante 36 anos visiteite moitas veces. Cando estudiei no instituto Historia da Arte, aprendín a ver con outros ollos a túa fachada, a túa bóveda de cañón, o cimborrio, a chirola… Tantas cousas que antes me parecían bonitas pero ás que non lles sabía poñer nombre. A última visita foi hai dez días. Ghústame volver de cando en vez. Ahora acompáñame o meu home, que ten sensibilidade de sobra para compartir todo o que me doe cando te vexo.

Eu sempre chegho a ti polo teu lado máis discreto. Pola Visura. Desde aí non se ven os muros impoñentes dos claustros, coma cando vas polas Travesas, pero a min ghústame máis ir por aí, por donde me levaban cando era pequena, vendo á dereita o Lameiro, e pasando na curva antes de cheghar, por diante da casa de «Jesús do Convento», que ahora é un deses modernos centros de interpretación que seghuro que costou moitos cartos e que está cerrado, para variar. Deixo o coche xunta o cruceiro, ou entro polo outro lado, tanto me ten. E vólvome a sentir pequeniña, infinitamente mínima, pasando pola túa porta. E daquela dóeme todo. Dóenme as túas fendechas, os cristales rotos, as silvas entrando por eles. Dóeme o teu claustro da hospedería, pechado cunha reixa de metal, que nunca foi máis inhóspito que hoxe. Dóeme ese camposanto, pequeno ó teu lado, onde están enterrada a mitad da miña sanghre. Dóesme así, tan ghrande, tan calado, morrendo sen queixarte…

—————————————————————————————————————————–

Se cheghache hasta aquí, neste enlace podes aprender algho da historia deste Monasterio ó que todos os veciños, coa confianza que dan os anos, lle chaman «O Convento».

O ghallegho desta entrada non é nin moito menos normativo. Pero é o que eu aprendín a falar, o que escoitei desde pequena dos meus padriños, da familia que vivía ó lado do Convento, da tía Pura, de Juanucha, da irmá do padriño que sempre me decía o ghordiña que me estaba poñendo…de tanta xente que xa non está. Non podería ter escrito esta entrada doutro xeito.