Sobre mí

Ámote eiquí a carón do meu peito
brandamente namorado da tua boca
e sínto o berro quente do teu riso
e síntote, amor,
nos meus días cheos de fame.

Ámote eiquí sen presa nin parolas
porque o amor non sabe
de presa nin parolas para ser meirande

Ámote aquí, mainamente,
baixo a sombra calada dos teus ollos
como un paxaro que move as túas follas
e escapa ao teu adentro fuxidío.

Nada sei doutros día
nin outras voces
que non señan isas mans
e istes sonos
que me rouban cara a tí niste parque.

Nada sei xa.

Ti e máis eu pra sempre
niste banco cheo de tarde!

Salvador García Bodaño